24 de xuño de 2014

Hoxe comenzamos

Hoxe comenzamos o noso Blog con moita ilusión .

Somos catro mulleres enredadas nunhas cordas de cores , catro amigas namoradas da música , somos LULAVAI.

Aquí poderedes atopar todas as novas, acceder ós nosos videos , ás nosas entrevistas e as nosas tolerías.
Queremos compartir con vós a nosa música e a nosas vivencias nos escenarios polo mundo adiante.

Para empezar con bo pé convidámosvos a todos a vir ao noso concerto nas festas de OURENSE este mércores 25 as 21:00h na Praza do Ferro. ( entrada de valde).



E para animarvos, deixamos un video caseiro con anaquiños dun dos nosos últimos concertos no noso marabilloso pais veciño , Portugal. 
Esperamos vervos alí para disfrutar dunha noitiña de verán.